Estás en: Zona profesionais / Gama profesional
En conxelados temos para ti os mellores atúns, Bonito e Bonito MSC do mercado, en formatos grandes e a granel especiais para o canle HORECA e transformadores coa marca CAMPOS.
Somos especialistas fabricantes de atún conxelado que podes obter en lombos, anacos, solombos, bocadiños, ventrescas e demais productos precociñados a base de atún, coma os filetes empanados con ou sen deliciosas prebes ou nuggets de atún.
O abano complétase con lombos e medallóns de bonito e bonito MSC.
En conservas ofrecémosche o abano competo dos productos SALICA, a gama de atún claro máis completa dirixida ó profesional. Grandes formatos que melloran e manteñen as condicións gastronómicas do atún claro, cunha coidada laboura, especialmente preparado para atender ás túas necesidades da restauración.
As conservas Salica compóñense de diferentes formatos:
Baixo a marca BACHI poderás atopar atún en aceite, escabeche ou ó natural, en grandes formatos de lata ou Pouch. As latas son de RO 1000 (1.000 g), RO 1730 (1.125 g) para lombos e RO 1850 (1.800 g) para toradas e os pouches de 1.000, 3.000 y 7.000 g.
Na gama Campos hostelería podes atopar os Caprichos de atún Campos, deliciosa e práctica forma de desfrutar do atún e escollido Producto do ano polos consumidores 2010.
O Bonito do Norte está traballado a man na propia marea. As conservas artesanais de Campos están dispoñibles en latas de RO 5300 (6.000 g), RO 1850 (1.900 g), RO 1000 (1.000 g) así coma en frascos de cristal de 970 ml y 1700 ml. Da parte máis gorentosa do bonito extráense as ventrescas dispoñibles en latas de 115 g, xunto coas ventrescas de atún claro (1.000 g y 111 g).
Para as tapas dos clientes máis escollidos tedes a gama máis exquisita de Especialidades das Rías Galegas en formatos de 115 g: composta por un abano de mexillóns de calibre grande, ameixas, navallas e berberechos.
En formato de 1.000 g y 550 g comercialízanse os filetes de Xarda do Sur Campos.
Inicio Calidade Coñece Sálica Grupo Albacora Contacto Particulares Profesionais Canle Distribución Alimentaria A mellor rede de distribución Gama adaptada ó Profesional Diversidade de productos Diversidade de prezos inicio Calidade Contacto Grupo Albacora Productos Conxelados Conservas Gourmet Sálica Historia As nosas marcas Oficinas/Instalacións Grupo Albacora www.albacora.es www.albacoragroup.com www.salica.es www.clubcampos.com BVQI EMAS ISO 9001 Castelán Euskera Galego Catalán