Estás en: Zona profesionais / Historia
ALBACORA S.A. é a primeira empresa constituída dentro do que nun futuro será o Grupo Albacora.
En 1957 a familia Uria comeza coa tradición peixeira familiar ó chegar a Dakar o barco Galerna xunta con otros 3 barcos Bermeanos. Na vindeira década chégase a Freetown e constrúense os primeiros barcos atuneiros. De xeito que en 1974 constitúese a empresa ALBACORA.
Nas décadas a seguir perfeccionanse os barcos atuneiros, aumentando a súa capacidade e alcance.
Nos anos 80 consolídase o caladoiro das Seychelles no índico e nos anos 90 o do Pacífico. Albacora xa tiña faenado no Atlántico e convírtese no maior grupo atuneiro de Europa, coa flota tecnolóxicamente máis moderna e que faena nos tres océanos.
En 1991 o Grupo dá un paso máis, non só estará adicado á captura e comercialización dos atúns senón que ademais transformaranos e comercializaranos por medio da adquisición da conserveira SALICA INDUSTRIA ALIMENTARIA, S.A. creada da fusión das empresas familiares Campos e Astorquiza, en Bermeo. Salica esté especializada en conservas de calidade de túnidos dirixidos ós mercados de consumo e á hostelería. O seu mercado é principalmente o español, con exportacións a países Europeos como Italia. Nos seguintes anos Salica, co alicerce e garantía do Grupo Albacora consolida o seu proxecto en España e nos demais países Europeos.
O Grupo detecta que no mercado español dos productos de peixe conxelado a hexemonía da pescada é case total e crea a seguinte empresa SALICA ALIMENTOS CONXELADOS, S.A, co gallo de desenvolver e ofrecer a gama máis ampla de productos conxelados a base de atún, tanto para o consumidor final como para o canle HORECA. Salica é a precursora en España ofrecendo productos de atún conxelados tanto crus como precociñados. Na actualidade ofrecen diversas especies de peixe conxelado ademais do atún, coma o peixe espada ou o cazón.
O Grupo Albacora é un dos maiores especialistas en atún a nivel mundial, crea en 2002 o complexo SALICA DEL ECUADOR, S.A. en Posorja, base loxística pesqueira e de transformación, que a día de hoxe atende ó mercado americano e converte ó Grupo Albacora nunha empresa global, a única que pesca en todos os océanos e serve ós grandes mercados de consumo mundiais do atún.
Â
Inicio Calidade Coñece Sálica Grupo Albacora Contacto Particulares Profesionais Canle Distribución Alimentaria A mellor rede de distribución Gama adaptada ó Profesional Diversidade de productos Diversidade de prezos inicio Calidade Contacto Grupo Albacora Productos Conxelados Conservas Gourmet Sálica Historia As nosas marcas Oficinas/Instalacións Grupo Albacora www.albacora.es www.albacoragroup.com www.salica.es www.clubcampos.com BVQI EMAS ISO 9001 Castelán Euskera Galego Catalán