Estás en: Zona Distribuidores / Historia

Historia do Grupo Albacora

ALBACORA S.A. é a primeira empresa constituída dentro do que nun futuro será o Grupo Albacora.

En 1957 a familia Uria comeza coa tradición peixeira familiar ó chegar a Dakar o barco Galerna xunta con otros 3 barcos Bermeanos. Na vindeira década chégase a Freetown e constrúense os primeiros barcos atuneiros. De xeito que en 1974 constitúese a empresa ALBACORA.

Nas décadas a seguir perfeccionanse os barcos atuneiros, aumentando a súa capacidade e alcance.

Nos anos 80 consolídase o caladoiro das Seychelles no índico e nos anos 90 o do Pacífico. Albacora xa tiña faenado no Atlántico e convírtese no maior grupo atuneiro de Europa, coa flota tecnolóxicamente máis moderna e que faena nos tres océanos.

En 1991 o Grupo dá un paso máis, non só estará adicado á captura e comercialización dos atúns senón que ademais transformaranos e comercializaranos por medio da adquisición da conserveira SALICA INDUSTRIA ALIMENTARIA, S.A. creada da fusión das empresas familiares Campos e Astorquiza, en Bermeo. Salica esté especializada en conservas de calidade de túnidos dirixidos ós mercados de consumo e á hostelería. O seu mercado é principalmente o español, con exportacións a países Europeos como Italia. Nos seguintes anos Salica, co alicerce e garantía do Grupo Albacora consolida o seu proxecto en España e nos demais países Europeos.

O Grupo detecta que no mercado español dos productos de peixe conxelado a hexemonía da pescada é case total e crea a seguinte empresa SALICA ALIMENTOS CONXELADOS, S.A, co gallo de desenvolver e ofrecer a gama máis ampla de productos conxelados a base de atún, tanto para o consumidor final como para o canle HORECA. Salica é a precursora en España ofrecendo productos de atún conxelados tanto crus como precociñados. Na actualidade ofrecen diversas especies de peixe conxelado ademais do atún, coma o peixe espada ou o cazón.

O Grupo Albacora é un dos maiores especialistas en atún a nivel mundial, crea en 2002 o complexo SALICA DEL ECUADOR, S.A. en Posorja, base loxística pesqueira e de transformación, que a día de hoxe atende ó mercado americano e converte ó Grupo Albacora nunha empresa global, a única que pesca en todos os océanos e serve ós grandes mercados de consumo mundiais do atún.

 

Inicio Calidade Coñece Sálica Grupo Albacora Contacto Particulares Profesionais Canle Distribución Alimentaria Especialistas Conxelados Distribución Tradicional Grande Distribución Delicatessen COÑECE SALICA Historia As nosas plantas Misión, Visión e Valores As nosas marcas CALIDADE Certificados Proceso fabricación GRUPO ALBACORA Historia Oficinas / Instalacións Misión, Visión e Valores Ligazóns CONTACTO NULL inicio Calidade Contacto Grupo Albacora Productos Conxelados Conservas Gourmet Sálica Historia As nosas marcas Oficinas/Instalacións Grupo Albacora www.albacora.es www.albacoragroup.com www.salica.es www.clubcampos.com BVQI EMAS ISO 9001 Castelán Euskera Galego Catalán